Transcending Disciplines: An Artist’s Journey to Cultural Sustainability – KJCC na NYU

O 26 de setembro, Cristina ofrece a súa primeira charla pública como as catedrática Juan Carlos I de Cultura e Civilización Española na NYU. Nesta conferencia, Cristina comparte a súa viaxe artística, que a levou a forxar unha carreira multifacética aclamada internacionalmente como mestra gaiteira, pianista clásica, produtora e educadora. Sen un precedente a seguir, e nun mundo onde “ninguén precisa unha gaiteira”, Cristina trazou o seu propio camiño para converterse nunha artista independiente apaixonandose por explorar o papel das artes noutros contextos, especialmente a educación. Nesta clase, Cristina comparte como se fixo a si mesma relevante noutras disciplinas e, ao facelo, construíu unha carreira sostible. Cristina tamén salienta como as súas múltiples identidades (como profesora, interprete, escritora, produtora) serven como plataforma para investigar as cuestións sociais que se presentan na intersección da música clásica e a tradicional.

Meet Dr. Cristina Pato, King Juan Carlos I Chair of Spanish Culture and Civilization

Meet Dr. Cristina Pato, King Juan Carlos I Chair of Spanish Culture and Civilization.For more information, visit kjcc.org/news/cristinapatokjcc

Publicada por King Juan Carlos I of Spain Center at NYU/www.kjcc.org en Miércoles, 25 de septiembre de 2019

Cristina chega a Nova York dende Arxentina, onde actuou co seu Trío Galego e gaiteiros galaico-arxentinos en Mar del Plata, como parte das actividades do “Mar del Plata Capital Cultural de la Galicia Exterior” coordinado pola Secretaría Xeral de Emigración da Xunta de Galicia, e en asociación cos Centros Culturais Galegos de Arxentina.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.