La Voz de Galicia – 30 de noviembre, 2025 →
1984 é unha desas novelas que lin cando era moza, e que retomei nestes últimos anos, xunto con Farenheit 451, e Un mundo feliz. E aínda que tanto Orwell, coma Bradbury, e Huxley, foron visionarios e testemuñas dunha realidade cambiante, hoxe, noventa e tres anos despois da publicación de Un mundo feliz, e setenta e pico anos despois da de 1984 e Farenheit 451, é arrepiante pensar nesas distopías desde a distopía na que estamos a vivir.
Pensaba niso esta semana cando Xan e eu sentamos a ver o novo documental de Raoul Peck chamado Orwell: 2+2=5, no que utilizando a narración como fío condutor, e unha morea de imaxes reais e infinitas de conflitos actuais, levounos a reflexionar sobre “as raíces dos vitais e preocupantes conceptos que revelou ao mundo na súa obra mestra” (parte do obxectivo do documental), pero tamén a preguntarnos cal é a nosa responsabilidade como sociedade, e en especial como individuos, neste descenso aos infernos que estamos a vivir agora en boa parte do mundo. As súas palabras foron escritas nun momento histórico incriblemente complexo, pois unha parte da narración do documental vén dun texto do 1946, e 1984 publicouse no 1949. E hoxe, a piques de rematar o 2025, mirando as novas sobre as que podemos ler (porque dalgún xeito chegan a nós), e imaxinando aqueloutras das que só nos chegan un par de liñas (a pesar de que África é o continente máis próximo); unha é consciente de que, ás veces, a esperanza de que o peor pase pronto, é unha especie de nube na que tendemos a agocharnos para non ver a realidade que nos asola, esa na que, como deixa claro Peck a través de Orwell, “dous mais dous son cinco”, e a “ignorancia é a forza».