Arte ciudadana

La Voz de Galicia – 18 de diciembre, 2020 →

Cristina PatoPara a Fundación Carasso a arte é un motor de cidadanía, pois «cultiva a empatía, promove a democracia e apela á responsabilidade social». Creada no ano 2010 na honra de Nina e Daniel Carasso, o fundador de Danone, esta fundación con raíces en Francia e en España promove os valores da familia Carasso a través de dúas grandes liñas: a alimentación sostible e a arte cidadá. E aínda que levan algún tempo traballando con institucións, e apoiando e acompañando proxectos de asociacións sen ánimo de lucro, este é o primeiro ano que dedican un premio á idea de que os axentes do cambio na sociedade son realmente os artistas cos seus proxectos (tanxibles e intanxibles).

Grazas a este premio aprendín a historia do artista franco-arxelino Neïl Beloufa, que constrúe espazos de aprendizaxe a través das artes na periferia de París; e Patrick Bouchain, o arquitecto que revolucionou o xeito de transformar espazos industriais en plataformas culturais. E emocioneime co traballo do sevillano Santiago Cirugeda, que co seu colectivo Recetas Urbanas consegue a participación cidadá e a inclusión social a través da construción de lugares de encontro, coma o Centro Sociocomunitario Cañada Real. E co traballo do artista Julio Jara, que convive, dende hai 15 anos, cunha comunidade de persoas sen fogar no albergue de San Martín de Porres, e que entende que «a exclusión está relacionada coa falta de acceso á cultura, á expresión e á creación».

Aprender do seu traballo, nestes tempos, foi toda unha inspiración para min, pois cada un fai o que pode co que ten ao seu redor, e cada un deles está a transformar a súa contorna, e con ese pouquiño de terra están a cambiar o mundo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.