Ayuda mutua

La Voz de Galicia – 2 de febrero, 2024 →

Cristina PatoLía esta semana, nunha entrevista coa psiquiatra galega María Tajes, que «unha de cada cinco persoas terá depresión ao longo da súa vida». Algo que me levou a pensar no complexo que é, ás veces, recoñecer ou aceptar que o que lle está pasando a unha mesma, ou a un ser querido, ou a un coñecido, ou a un alumno, é unha depresión. Tamén me levou a reflexionar sobre a pouca formación que temos para ver os síntomas, en nós mesmos e nos outros, e sobre o difícil que é falar deles.

Nesa mesma entrevista a doutora Tajes mencionaba que, o pasado ano, o número de mortes por suicidio en Galicia superou ao número de mortes por accidentes de tráfico. Un dato que me deixou paralizada, e que me levou a querer aprender máis sobre as estatísticas sobre o suicidio en Galicia e nos Estados Unidos (os lugares que habito). E nesa pescuda tamén aprendín que é importante aprender a falar destas cousas, e comunicar que nos últimos anos tecéronse moitas redes para axudar ás persoas que se atopan en situacións de risco. Como por exemplo a liña telefónica de atención á conduta suicida, o 024, promovida polo Ministerio de Sanidade «para axudar ás persoas con pensamentos, ideacións ou risco de conduta suicida, e aos seus familiares e achegados». Ou asociacións como Papageno, a Asociación de Profesionais en Prevención e Posvención da Conduta Suicida, que a través da súa web, ofrece materiais «para promover iniciativas relativas á prevención, investigación, tratamento e posvención en conduta suicida». Unha asociación que tamén ofrece apoio e contacto con grupos de axuda mutua, grupos de dó, entre eles Galicia Vive, que se xuntará en Vigo, por primeira vez, este mes de febreiro.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.