Derechos neuronales

La Voz de Galicia – 7 de diciembre, 2025 →

Cristina PatoLía esta semana unha entrevista co prestixioso neurocientífico español-estadounidense Rafael Yuste na que, con motivo da publicación do seu último libro, Neuroderechos. Un viaje hacia la protección de lo que nos hace humanos, falaba dos dereitos cerebrais e da capacidade da neurotecnoloxía para «descifrar e cambiar» a actividade cerebral. Ademáis de investigador, Yuste é tamén cofundador da Neurorights Foundation, unha organización dedicada, entre outras cousas, a guiar a regulación da neurotecnoloxía e dos dereitos neuronais.

Os «neurodereitos» aos que se refire Yuste están relacionados co feito de que no seu laboratorio xa poden «descifrar a actividade cerebral e cambiala dunha maneira efectiva (…) hoxe en ratos, mañá en seres humanos». E precisamente desa investigación nace a necesidade de regular a neurotecnoloxía para protexer «o dereito á privacidade mental (que o contido da mente non sexa descifrado sen consentimento)», «o dereito ao libre albedrío (poder tomar decisións sen interferencia externa)», «o dereito á identidade persoal (que a integridade psíquica non se poida inxerir desde fora)», «o dereito ao acceso equitativo ás tecnoloxías de aumentación», e «a protección contra os nesgos dos algoritmos da neurotecnoloxía».

O seu fascinante traballo lévame a pensar nun millón de cuestións, pero tamén a reflexionar sobre a idea de que se non son capaces de regulala, a probabilidade de que no futuro non sexamos os donos da nosa mente xa non semella ciencia ficción. É dicir, agora que xa non somos donos do noso tempo (grazas á falta de regulación da economía da atención), quizais tamén perdamos o dereito a ser donos dos nosos pensamentos…

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.