La Voz de Galicia – 22 de febrero, 2026 →
O exercicio é sinxelo: unha persoa de costas á outra observa unha obra de arte durante un tempo, e comeza a describila para que a outra persoa, ataviada cun papel e un lapis apoiados nunha carpeta, debuxe co maior detalle posible a obra que non está a ver. É dicir, hai unha persoa que describe algo que ve, e outra que tenta reproducir ese algo tan só escoitando. A miña compañeira Lisa M. Wong, codirectora da iniciativa de artes e humanidades da escola de Medicina de Harvard, leva anos integrando prácticas artísticas coma esta na educación dos estudantes de Medicina. E os seus obxectivos están relacionados co xeito que teñen as artes de afectar ás nosas vidas, e coa ciencia que xurde na intersección entre arte e medicina.
Cada vez que a vexo facer este exercicio fico fascinada sobre o espazo que hai entre como vemos as cousas, como as describimos, e como as percibimos. A nosa capacidade para traducir en palabras o que vemos ou sentimos é limitada, e está influenciada polas nosas circunstancias vitais ou sociais. A maneira que temos de describir depende de moitos factores, ao igual que o xeito que temos de recibir esa mesma información para logo traducila (neste caso nun debuxo).
Con esta actividade, Wong explica a brecha que existe entre a dor que describe un paciente e a capacidade dun médico para traducila á súa linguaxe. E hei de recoñecer que ver aos estudantes reflexionar sobre iso, a través das artes, é unha lección de vida, pois cando escoitamos, cos nosos prexuízos, a meirande parte das veces nin nós nin os médicos somos conscientes de que, en realidade, non entendemos ben aquilo que alguén nos está a contar, con todo o que iso implica.