La Voz de Galicia – 22 de marzo, 2026 →
Lía a pasada semana un artigo no The New York Times sobre a ansiedade que provocan moitas das películas que están agora nos circuítos de premios, entre elas “Marty Supreme” ou “Unha batalla tras outra”. Escribía o autor, Zach Schonfeld, que “América está en modo de loita ou fuxida, con mil ameazas e crises que se materializan cada día, agora tamén buscamos esa sensación como entretemento”. Pero eu levo unha boa tempada sen poder ver moitas desas películas precisamente pola sensación contraria, porque xa o mundo está do revés, xa teño ansiedade dabondo como para seguir vendo cousas violentas e duras nos momentos nos que decido desconectar a través dunha película. A realidade que menciona Schonfeld para min ten o efecto oposto, pois tendo a fuxir dese tipo de entretemento, mais cada día é mais difícil atopar filmes que non se recreen na violencia, especialmente cando esta non é necesaria para a trama que queren contar. Por iso me alegrei (a pesar do respecto que lle teño ao gran Oliver Laxe) de que a película de Joachim Trier, “Valor sentimental”, gañase un Óscar, pois proxecta outro tipo de cine, máis lento e sensorial, no que podemos chegar a construír a nosa propia historia dentro da historia que nos contan.
Algo parecido me pasou con “Blue Moon”, a película de Richard Linklater sobre o letrista Lorenz Hart, unha fermosa homenaxe a todos aqueles xenios que non puideron facer as paces consigo mesmos, pero que nos regalaron tanta beleza… Cada día boto máis en falta esas películas que nos dan a oportunidade de reflexionar e aprender un pouco máis da condición humana, sen a violencia inxustificada que asoballa ao cine (e ao mundo) agora mesmo.