El humor

La Voz de Galicia – 19 de octubre, 2025 →

Cristina PatoSomos catro irmás e cada unha é un mundo. Eu achácoo ao feito de que entre a maior de todas (Teté) e a máis pequena (eu) hai trece anos de diferenza. Cada unha de nós foi criada nun momento histórico e persoal por completo diferente, e iso ten que afectar moito, ao fin e ao cabo non é o mesmo nacer en Caracas e volver a Ourense nos últimos anos da ditadura, que nacer en Ourense en plena democracia. Ou iso creo eu, pois todo isto son as miñas conxecturas. Á nosa nai nunca lle deu por falar das diferenzas na crianza entre unhas e outras (desas cousas non se fala), pero sempre dixo que eramos moi diferentes, e que para ela era importante que nos desenvolvésemos como seres independentes…

Hoxe tiña en mente unha columna sobre o que implica nacer nun momento concreto da vida familiar. Sobre o que implica ser a primeira, a segunda, a terceira ou a cuarta. Pero de súpeto entrou unha desas mensaxes que envía unha das irmás cun meme ou un vídeo que para ela é moi gracioso, e comecei a preguntarme nas grandes diferenzas que hai entre o noso sentido do humor. Por que hai cousas que nos fan moita graza a unhas, e ningunha graza ás outras? Que nos leva a desenvolver un sentido do humor tan radicalmente diferente? E penso naquel Cantinflas que tanto facía rir ao meu pai, e no difícil que me resulta atoparlle a graza agora; pero tamén na idea de que cada vez que o vexo, lembro ao meu pai sorrindo.

O sentido do humor é algo tan complexo e tan diverso coma cada un de nós. E aínda que non sempre somos conscientes de por que nos fan graza as cousas que nos fan graza, a realidade é que, dalgún xeito, sen saber moi ben nin como nin por que, esas cousas nos definen.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.