Fracasar

La Voz de Galicia – 26 de noviembre, 2021 →

Cristina PatoSupoño que é porque levo algún tempo pensando no que significa o fracaso na sociedade de hoxe, e no que cambiou a súa definición nestes últimos anos. Na era dos wasaps virais, dos gústame e dos chíos, hai fracasos instantáneos dos que non todo o mundo consegue levantarse. Pero fracasar é un proceso de aprendizaxe polo que todos pasamos nalgún momento das nosas vidas, e precisamente por ser un proceso non debería ser instantáneo, pois hai unha chea de factores que conducen a unha a un fracaso, xa sexa persoal, escolar ou profesional.

Aínda así, cando penso nos diferentes xeitos que temos de entender o fracaso, penso no feito de que sempre me fascinou a diferenza que había entre o xeito que tiñan de entender o fracaso nos Estados Unidos e o xeito que tiña Galicia. E falo en pasado, porque nestes anos as cousas cambiaron moito. Antes da era da hiperconexión, o fracaso súbito non estaba tan presente, e quizais por iso podías ter a oportunidade de aprender del. Pero iso hoxe semella imposible, pois os fracasos son tamén públicos…

O caso é que esta semana ilusioneime ao escoitar unha noticia sobre o Museo do Fracaso (Museum of Failure), unha iniciativa do psicólogo e investigador en innovación Samuel West, que reuniu unha colección de produtos e servizos que foron un fracaso (o coche DeLorean, as Google Glass, unha versión máis doce da Coca Cola…), coa idea de «estimular un debate produtivo sobre o fracaso e inspirarnos a asumir riscos» partindo da base de que «a innovación e o progreso requiren unha aceptación do fracaso». E eu quedo con esa idea, a de que aceptemos o fracaso para poder aprender, non só da nosa experiencia, senón tamén da dos outros.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.