La envidia

La Voz de Galicia – 19 de abril, 2026 →

Cristina PatoÉ curioso como sempre queremos o que non temos. Pasa con cousas pequenas e tanxibles pero tamén con cousas grandes e intanxibles. De súpeto queres ese libro, que sabes que non che fai falta, que tes unha ducia deles esperando a ser lidos, que xa non che collen na casa. Pero neste momento podes mercalo, e acabas facéndoo, e entonalevas o libro contigo cunha especie de amargura, pois es consciente de que agora mesmo non o vas ler, ou non o necesitas, ou deberías aforrar.

Pero cando ese desexo de ter algo está relacionado con algo intanxible, ou con algo que ten alguén e que nós non temos, é cando entra o instinto máis complexo da condición humana. Escribía Cervantes no seu Quijote “¡Oh envidia, raíz de infinitos males y carcoma de las virtudes! Todos los vicios, Sancho, traen un no sé qué de deleite consigo, pero el de la envidia no trae sino disgustos, rancores y rabias”. E hei de recoñecer que ese vicio do que fala Cervantes, ese sentimento, o da envexa, é algo superior a nós. E por moito que unha intente non desexar aquilo que ten alguén pero que unha non ten, por moi pequeno ou grande que sexa, ás veces, sen decatarnos, acabamos sumidos nunha especie de amargura inexplicable que nos leva a desexar tan profundamente iso que non temos, que esquecemos as cousas que xa temos: as que nos fan afortunados aos ollos do outro e que nalgún momento deixamos de sentir coma logros.

Ningún de nós se libra dese sentimento. E precisamente por iso, hoxe é máis importante ca nunca loitar contra el, pois cando o mundo está patas arriba, cando o que manda é a envexa e o egoísmo, quizais sexa a xenerosidade a única que poida salvar á humanidade de si mesma.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.