Objetificación

La Voz de Galicia – 18 de julio, 2025 →

Cristina PatoMerquei o libro logo de escoitala falar nunha entrevista sobre as razóns que a levaron a matinar sobre a «hiperobxectificación, sexualización e infantilización» da muller durante a terceira onda do feminismo. No seu libro Girl on Girl: How Pop Culture Turned a Generation of Women Against Themselves («Como a cultura pop volveu unha xeración de mulleres contra si mesmas»), a escritora do Atlantic, Sophie Gilbert, percorre a historia do feminismo dos anos 90 e primeiros dos 2000, reflexionando sobre o papel da pornografía en internet, sobre a súa influencia na cultura pop, e sobre a misoxinia na produción cultural.

Sen dúbida é un tema complicado, pois ao comezo do libro cuestiona as razóns polas que a industria musical foi baixando a media de idade das súas artistas. Como «as mulleres enfurecidas do rock foron substituídas por rapazas do pop máis novas e menos combativas», e como ese cambio tamén foi evidente noutros mundos, como o da moda.

E hei de recoñecer que, ao ler a Gilbert, sentín unha especie de tranquilidade ao atopar, na súa voz, eses mesmos sentimentos encontrados con respecto á representación da muller na industria musical actual, con respecto á complexa relación entre «empoderamento» e «obxectificación». E aínda que non poidamos facer moito acerca diso, entender de onde veñen estas influencias axúdanos a ver por que, ás veces, semella que imos cara atrás cando falamos das mulleres e os seus dereitos.

Escribía Gilbert que «canto máis investigaba, máis parecía que o porno se infiltrara en todos os medios de comunicación de masas». E eu, que non era moi consciente da súa influencia na miña xeración, aprendín moito das súas reflexións…

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.