La Voz de Galicia – 2 de noviembre, 2025 →
O gato chamábase Oscar, e «traballaba» no centro de coidados e rehabilitación Steere House, en Providence, Rhode Island (EUA). Fíxose famoso arredor do ano 2007, cando o xeriatra do centro, o doctor David Dosa, publicou un artigo nun xornal de medicina explicando a «asombrosa capacidade do gato para predicir cando os residentes están a piques de morrer». Uns anos despois, no 2010, o doctor Dosa lanzou o libro Making Rounds with Oscar (en castelán De guardia con Oscar), que chegou a estar na lista dos máis vendidos do The New York Times. Un libro no que fala dos seus pacientes con demencia, dos seus coidadores, do final da vida, e das experiencias co gato na residencia.
Ao longo da súa vida, Oscar, o gato, chegou a predicir un cento de mortes na Steere House, até tal punto que cando o felino se aconchegaba á cama dun enfermo para arrimarse a el, o persoal tiña o protocolo de chamar á familia para que puidesen despedirse do ser querido. E aínda que na comunidade médica non están claras as razóns polas que o gato tiña esa curiosa capacidade, a realidade é que desde o ano que chegou á residencia, no 2005, até que morreu, no 2022, Oscar converteuse nunha especie de icona para falar do rol dos animais nos espazos de coidados paliativos, e do acompañamento nas últimas horas de vida.
Para os que crecemos limpando tumbas para o día de defuntos, hoxe é un deses días nos que unha lembra a aqueles que marcharon antes de tempo, ou a aqueles que, por circunstancias da vida, morreron sós… E penso no gato Oscar, e no seu xeito de acompañar, e tamén penso na idea de que se de vella remato nunha residencia, espero que sexa nunha que acepte animais de compañía…