La Voz de Galicia – 7 de junio, 2026 →
A última vez que estiven na casa da miña nai (hai un par de meses) cambieille os pratos vellos de diario por eses pratos bos que só se usan nas festas. Así, nun momento pensei: «Por que segue con estes se ten pratos mellores?». E mudei uns por outros sen dicir nada. Pero nesta enfermidade de gardar e gardar que temos na familia tampouco tirei os pratos amarelados de diario, simplemente deixeinos nun estante de arriba da cociña. E agora, xa de volta na casa da miña nai, eses pratos vellos volveron ao seu lugar orixinal, á mesa, e eu preguntei a razón e a miña nai dixo: estes están ben, hai que estimar os outros.
É curioso, ás veces penso que son comportamentos da súa xeración, a xeración que nada tivo e que por iso garda e garda. Pero outras veces son consciente de que desfacerse desas cousas que xa están demasiado vellas, pero que seguen a dar servizo, é algo ben complexo para min tamén. Hai coma unha especie de vínculo absurdo entre o obxecto case inútil e eu, que fai que eu tampouco tire esa conca sen asa na que teño os cepillos de dentes, ou esas zapatillas de casa rotas pero aínda funcionais.
A pasada semana, no meu apartamento de Nova York, atacoume un deses obxectos. Precisamente, a conca sen asa do Festival de Cans ao que tanto cariño lle teño. Limpando o baño, limpando a conca rota dos cepillos de dentes, de súpeto fíxenme un corte deses pequenos pero en tan mal sitio que non paraba de sangrar. E que fixen? Pois puxen o dedo debaixo da auga fría, e coa outra man asegureime de que a conca volvía ao seu lugar, a pesar de saber que con toda seguridade cortareime de novo con ela…
E é que, se cadra, non son tan diferente á xeración da miña nai.