La Voz de Galicia – 5 de julio, 2026 →
A arte de quedar ben é toda unha carreira. Hai quen ten o don, e hai quen non. Hai quen a traballa cos anos, e hai a quen non lle importa nin o máis mínimo. E non falo de quedar ben no sentido de “quedabien”, falo de cumprir, de estar aí cando dis que vas estar, cando tes que estar. Falo de “ter clase”, desa clase que ou ben se crece con ela (pois está instalada nos valores da familia), ou ben se adquire cos anos, esforzándose un pouco cada día. Falo da amabilidade, da puntualidade, do respecto, do saber escoitar, do non xulgar, de ter un detalle co próximo e co non tan próximo…
Quizais dea algo de traballo, ademais de obrigarnos a saír de nós mesmos para poñernos no lugar do outro: daquel que sabemos que está pasando por un mal momento, e que se cadra deberiamos chamar, daquel que está moi só, e quizais agradeza algo de compañía… Si, esa arte dá traballo, e ás veces, se a tomamos en serio, pode consumirnos un pouco, coma todas as artes. Pero se nós, os humanos, aínda estamos aquí é precisamente por todos aqueles que moven o mundo coa súa xenerosidade silenciosa.
Hoxe a sociedade ten máis difícil ca nunca apreciar e practicar esa arte. As nosas relacións tenden a ser transaccionais, e as redes sociais e a economía da atención que nos domina empúrrannos ao narcisismo e ao egocentrismo. Só hai que botar unha ollada á política nacional e internacional para decatarse de que ese “ter clase” ese “quedar ben” que nos leva a ser mellores persoas, xa non lle importa a ninguén… E xustamente por iso, coido que a esperanza radica na nosa capacidade de revolvernos contra todo iso, aínda que dea traballo, pois non podemos deixarnos levar pola indolencia…