Sin hogar

La Voz de Galicia – 2 de diciembre, 2022 →

Cristina PatoO alcalde de Nova York, Eric Adams, anunciou unha nova medida para intentar solucionar a situación das persoas sen fogar con enfermidades mentais. Unha iniciativa relacionada co aumento de cidadáns vivindo no metro e nas rúas da cidade, e co aumento dos episodios violentos protagonizados por doentes que precisan axuda psiquiátrica que non están a recibir. E que suporía, segundo The New York Times, retirar das rúas e «hospitalizar involuntariamente ás persoas que sexan un perigo para si mesmas, aínda que non representen un risco para os demais». Ademais, a diferenza do que se viña facendo, os enfermos quedarían nos hospitais «até que exista un plan viable para a súa situación».

Non estou moi segura do que significará esta medida, pero a verdade é que neste último ano sentín a impotencia de non saber axudar ou afrontar a realidade do crecente número de persoas sen fogar con enfermidades mentais sen tratar que habitan na miña contorna, nos dous lados do Atlántico. A Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia (Feafes), que traballa para mellorar a calidade de vida dos doentes con problemas de saúde mental, ten tamén un programa de inclusión social para «acompañar ós usuarios de Feafes Galicia que se atopan en situación de senfogarismo no seu camiño á inserción laboral».

Se cadra non sempre sabemos que facer para axudar a un veciño do noso barrio que sentimos que precisa axuda, pero quizais poderiamos comezar por achegarnos ao traballo das asociacións que levan anos loitando polos dereitos dos que teñen enfermidades mentais para, polo menos, aprender a ver cal é a nosa responsabilidade como sociedade.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.