La Voz de Galicia – 26 de octubre, 2025 →
O outro día, ao rematar de ver unha desas películas que deixan a unha matinando, Netflix decidiu que non tiña por que ver os créditos, e que debía ir directamente ao seguinte contido que a aplicación consideraba oportuno. Entón tentei premer na ventá esa que di «ver créditos», pero non fun capaz, e de súpeto apareceu o comezo dunha serie de terror, e aquelas reflexións que se me pasaron pola cabeza ao rematar a película que eu si seleccionara evaporáronse de golpe co cambio de dinámica (e co susto).
Mais iso que fai Netflix é o mesmo que facemos nós todos os días, cando entre reunión e reunión, ou esperando o autobús, decidimos coller o teléfono e deixarnos levar polo que o aparello considera oportuno para capturar a nosa atención nese momento. Deixamos de empaparnos co que nos rodea, para vivir nesoutro mundo que tira de nós sen ningún sentido e cara ningunha parte, e que non nos deixa tempo nin para pensar nin para crear as nosas propias ideas sobre o que acontece. Iso que fai Netflix non deixa de ser unha metáfora da vida moderna.
A sense of humor is as complex and diverse as each of us. And even though we’re not always aware of why certain things make us laugh, the truth is that, somehow, without really knowing how or why, those things define us