Agora que estamos a piques de despedir o 2015, é un bo momento para botar a vista atrás a todos os proxectos e éxitos que o ano lle trouxo a Cristina. Dous novos álbumes, Rústica e Latina, unha actuación histórica coma parte do Silkroad Ensemble coa New York Philharmonic Orchestra, e a súa participación no último traballo do director Morgan Neville, The Music of Strangers: Yo-Yo Ma & the Silkroad Ensemble, por nomear algúns.
Bótalle unha ollada ao video a continuación, onde repasamos máis polo miúdo o 2015 de Cristina: