2020 comeza con novos proxectos, concertos e unha nova clase

Featured Video Play Icon

Cristina comeza o novo ano uníndose ao artista e profesor Arturo O’Farrill na UCLA (Universidade de California, Los Angeles) na súa innovadora clase
Perspectivas Interculturais (14 de xaneiro), xirando co seu novo proxecto Invisible(s) en colaboración con Mazz Swift (máis info aquí) coa estrea mundial de 4 novas pezas de Michi Wiancko, Alisa Rose, Dana Lyn e Octavio Vazquez en Carolina Performing Arts (UNC Chapel Hill), e viaxando até Florida co Cristina Pato QUARTET con Julien Labro, Mauricio Zottarelli e Edward Perez para ofrecer senllas actuacións en Tallahassee (30 de xaneiro) e Gainesville (1 de febreiro).

A derradeira semana de xaneiro, Cristina comezará a impartir a súa nova clase na NYU, como parte dos seus compromisos como catedrática Juan Carlos I de Cultura e Civilización Española. A clase, Invisible Music of Northern Spain, está aberta a estudantes tanto de grao coma de posgrao da comunidade da NYU.

E bótalle unha ollada ao vídeo que creamos no que recapitulamos a viaxe de Cristina no 2019. Con imaxes da NYU, RTVE, a Chautauqua Institution, UCSB, CRTVG e outros…

Un ano incrible cheo de ensino, aprendizaxe e actuacións! Desexámosvos o mellor para este 2020!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.