A segunda semana de setembro marca o remate do curso de verán de Cristina para a Universidade de California, Santa Barbara (UCSB) Memory: An Interdisciplinary Exploration. O curso, impartido polo equipo formado por Cristina, Kenneth S. Kosik (neurociencia) e Kim Yasuda (arte visual), mais os profesores auxiliares Maiza Hixson (Artes) e Tejas Aralere (Cultura Clásica), estivo centrada desta volta en explorar a migración, a cognición humana e a memoria cultural.
Tamén no mes de setembro, Cristina comeza coas súas actividades como catedrática Juan Carlos I de Cultura e Civilización Española na NYU, que veñen de ser anunciadas polo King Juan Carlos I Center da NYU. Cristina organizará e acollerá os seguintes actos públicos durante todo o outono, que se celebrarán no devandito Centro:
- Xoves, 26 de setembro de 2019
Transcending Disciplines: An Artist’s Journey to Cultural Sustainability - Xoves, 17 de outubro de 2019
An Invisible Ancestry and the Unquiet Genes of the Brain - Xoves, 14 de novembro de 2019
Afro Latin Perspectives in Jazz and Classical Music - Xoves, 5 de decembro de 2019
Bilingual Societies and Sustainability: Spain’s other languages
Cristina impartirá tamén unha clase durante o semestre de primavera, titulada A música invisible do norte de España. En palabras da propia Cristina:
“Pensei en deseñar e organizar un conxunto específico de eventos que usarían esta idea de ‘invisibilidade’ como xeito de conectar os puntos entre as disciplinas coas que teño traballado ao longo dos anos e abordar importantes conversas sobre o papel das artes na memoria cultural, a diversidade e a migración.”
Antes disto, non obstante, Cristina viaxará á Arxentina, onde actuará por primeira vez, no marco do Festival Mar del Plata Capital Cultural de la Galicia Exterior, co Cristina Pato Trío Galego, o 23 de setembro.
Agradecida por conocer a esta maravillosa artista. Su espectáculo en Mar del Plata fue brillante. Pero me quedo con lo que recibieron de ella los músicos y bailarines participantes, respeto, afecto, enseñanzas, y la charla amena con quiénes se la pidieron. Cómo le dijimos, que vuelva pronto. Muchísimas gracias. Virginia Correa. Centro Arzuano Mellidense