La Voz de Galicia – 1 de marzo, 2026 →
No meu outro traballo, o de conectar as ciencias e as humanidades a través das artes, levo un par de anos traballando co científico Kenneth S. Kosik nunha clase que serve de ponte entre a neurociencia e a literatura. Os estudantes, de ciencias, achéganse aos clásicos da literatura a través da perspectiva da neurociencia, pois como di Kosik “durante séculos a literatura trazou un camiño paralelo ao da investigación neurocientífica do comportamento e das emocións coas súas tramas e personaxes, usando a poderosa ferramenta das palabras para profundar na mente humana”.
Esta semana, na que as lecturas literarias asignadas eran o Bartleby de Melville, e O estranxeiro de Camus, mais un artigo dos neurocientíficos Thornton, Weaverdyck e Tamir, que comeza dicindo: “A vida social obriga ás persoas a predicir futuro: debemos prever o que os demais pensan, senten e fan para poder interactuar con eles con eficacia”, deume por pensar nos mil e un xeitos que temos de habitar e sobrevivir nesta sociedade que construímos ao longo dos séculos.
Quizais Bartleby e Meursault (O estranxeiro) teñan moitos trazos en común. Quizáis non son capaces de “predicir o futuro” para poder interactuar, ou deixaron de querer facelo, desconectándose do mundo. En realidade non o sabemos, e esa é a beleza das dúas obras, a súa ambigüidade. E aínda que falemos de diversidade neuronal ou de apatía, a verdade é que, como a Meursault, ninguén nos libra de ser estranxeiros da nosa propia vida ou da que nos rodea; ou de acabar como Bartleby deixando de lado todas as nosas obrigas coma seres humanos… Pois as nosas mentes son sumamente complexas e, ás veces, imposibles de entender.