La Voz de Galicia – 21 de xuño, 2026 →
Coido que a última vez que fixen un álbum de fotos persoal (deses con fotos reais reveladas nunha tenda) aínda era unha adolescente. É curioso, porque do mesmo xeito que non me gusta mirar os álbums do meu pasado (están tan gardadiños que nin sei onde están, grazas a Deus), son feliz mirando os que fixo a miña nai durante os anos. Grazas a eles podo entender a narrativa que a levou a ser quen é, ou que a levou a deixar de ser quen foi. As fotos da súa infancia en Berredo son ben poucas, se cadra dúas ou tres, non máis. A vida fotográfica comeza coa súa emigración aos dezasete anos: a foto do certificado de saúde, do pasaporte, e logo xa as fotos da vida en Venezuela, do seu cambio de estilo (o pelo, a forma de vestir), fotos con irmás, amigas, na praia, de paseo… E nese álbum vital pronto aparece o meu pai, a quen coñeceu alí en Caracas, e co que tivo á miña irmá maior, Teté, alí en Caracas tamén. E a partir de aí, nos álbums fotográficos da miña nai, vai desaparecendo ela para darnos paso a nós, as súas catro fillas. Os álbums deixan de ser un resumo da súa vida para ser un resumo da nosa: fotos dos bebés, dos bautizos, das comuñóns…
Pensaba niso estes días cando baleiraba por enésima vez o meu teléfono móbil. Cheo de fotos que fago de pasada por non esquecer, de fotos que non son fotos senón notas sobre algo, de fotos para gardar de momentos especiais… E que pasará con ese disco duro que garda a miña vida dende hai quince anos? Que pasará con esa memoria dixital na que descargamos a nosa? Probablemente desaparecerá, pois a diferenza da miña nai, eu nunca sentei a procesar (en forma de álbum) os eventos vitais que sosteñen as nosas vidas…