Cemiterios

La Voz de Galicia – 26 de outubro, 2018 →

Cristina PatoCrecín, coma tantos, de velorio en velorio e de enterro en enterro. Ir dar un pésame con miña nai era algo tan normal para nós que nunca me parara a pensar na visión que podería ter alguén que non vivira do mesmo xeito a nosa naturalidade cos finados. As historias que contaba o meu defunto pai sobre os velorios na súa aldea eran realmente cómicas. A súa familia rexentaba un salón de baile, cos irmáns Pato ao acordeón, e tamén facían ataúdes. Música, baile e cadaleitos eran o sustento de meu avó, e o humor nunca faltaba.

Levo toda a miña vida indo a cemiterios para visitar mortos coñecidos, pero hai unha ducia de anos que me afeccionei a visitar os descoñecidos. Todo comezou cando, volvendo do supermercado do meu barrio de Nova York, atopei o «Primeiro cemiterio de xudeus españois e portugueses», o histórico cemiterio da primeira congregación xudía oficial dos EE.UU. fundada no ano 1654 por sefardís (non deixa de ser curioso pensar que o xudaísmo chegou alí a través dos que foran expulsados de Iberia). Ese fortuíto encontro deume unha escusa útil para ir ver cemiterios remotos sen sentir vergoña por facelo: entendín o valor dos camposantos para contar historias, para lembrar os invisibles.

Ás veces tento explicalo e non o consigo; para min, a relación da nosa terra coa morte é algo difícil de definir: tan profunda coma fermosa e tan natural coma dolorosa. É unha relación crúa, espiritual, que vai máis aló da relixión que marcou o nome e a identidade dos nosos costumes. Se estivera en Galicia nesta derradeira semana de outubro, iría coma sempre con miña nai a limpar a casa de meu pai, a deixar flores na tumba, e arrincar as malas herbas…

2 Comments

  1. Had a very similar experience growing up. Always off to wakes and funerals. When we go home to Ireland there is always even now there are many graves to visit and clean. It’s something I’ve never thought about because it was just normal. I enjoyed the story thank you

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.