Insultos

La Voz de Galicia – 12 de xullo, 2026 →

Cristina PatoÁs veces, cando sen querer me dá por ler os comentarios das noticias dos xornais, ou das redes sociais, penso no doado que é para todos nós xulgar, ou insultar, sen sentir que co noso xuízo ou co noso insulto estamos a facer dano a alguén. En realidade non fai falta que a nova sexa algo fóra do normal, ou algo que provoque unha reacción visceral de frustración ou dó (coma un asasinato, ou un roubo á xente máis vulnerable), senón que calquera noticia, de calquera índole, ten a capacidade de xerar todo tipo de reaccións negativas, ou agresivas, ou insultantes, moitas veces relacionadas tan só coa foto ou co titular escollido por quen escribe a noticia e alleas ao seu propio contido.

Realmente non fai falta facer ou dicir absolutamente nada para converterse nun obxectivo dese nonseique que temos todos, que fai que saquemos o peor de nós naqueles contextos nos que consideramos que temos o dereito a dar a nosa opinión, aínda que ninguén nola pida. Supoño que pensamos que non deixan de ser unhas palabras que deixamos aí sen ánimo de ofender, sen ánimo de facer dano a ninguén… sen reflexionar moito na idea de que algo de dano fan, e algo de ofensa teñen.
e than ever, society struggles to appreciate—and to practice—that art.

Quizais vaia coa nosa condición, que sempre fomos así, que nos insultamos desde que temos a ferramenta para poder facelo: a linguaxe. Pero hai algo no xeito que ten hoxe a linguaxe de ser compartida, que ás veces semella que ese proverbio de orixe bíblica, ese de “vemos a palla no ollo alleo, pero non vemos a viga no ollo propio”, está máis presente ca nunca, e é mesmo máis perigoso, pois por desgraza os insultos e os xuízos ocupan máis espazo (visual e moral), que os eloxios e as boas palabras.

1 Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.