La Voz de Galicia – 28 de xuño, 2026 →
Coido que andan nesa idade indeterminada entre os oitenta e os cen anos. Coido que levan toda a súa vida xuntos e que se quixeron e se queren moito. Cada mañá, el abre a porta do pasaxeiro da súa furgoneta, e lentamente, nesa velocidade na que, se chegamos, viviremos todos a esa idade, desabrocha o cinto de seguridade dela e con moito coidado saca as súas pernas un pouquiño para fóra. Entón colle o peite que ten ben gardadiño na porta do pasaxeiro, e peitéaa, tamén lentamente e con coidado. E unha vez remata, ás veces bótalle algo en spray, quizais colonia, ou laca. Despois cóllea polo brazo, con coidado, con moito coidado, e axúdaa a saír da furgoneta. Pecha a porta, con ela ben agarrada a el, e comezan a camiñar, os dous, a cámara lenta. E nos dez ou vinte metros que hai entre onde deixou a furgoneta aparcada e o edificio onde quedará ela durante unhas horas, escoito esa conversa, tan familiar, na que as cousas se repiten, ou se aclaran as veces que faga falta, para que a persoa á que acompañas estea ben, estea tranquila.
A escena repítese cada día, ou polo menos cada día que subo eu a deixar a miña nai a ese lugar onde estar desmemoriada non é un problema. E eu, que en certo xeito estou de paso (levo de paso toda a miña vida), cada día, ou polo menos cada día que os vexo, emociónome ao observalos no seu cariño, na súa lentitude, no seu amor. Non os coñezo de nada máis que por esa rutina semipública que me leva a preguntarme se a vida, se o éxito, se a felicidade, non é nin máis nin menos ca iso: ter alguén a quen acompañar (ou a quen peitear), ou alguén que te acompañe (ou que che bote perfume) cando para todos os demais xa sexamos invisibles.