La Voz de Galicia – 11 de xaneiro, 2026 →
Hoxe quería escribir sobre dúas habilidades esenciais (e fascinantes) do ser humano. Pero hei de recoñecer que son dúas palabras ben complexas de definir, e que quizais cada un de nós teña unha versión diferente do que significan ou de como se adquiren ou practican… Segundo o dicionario da Real Academia Galega, tacto é a “habilidade para tratar persoas ou asuntos delicados de maneira axeitada, sabendo o que se debe facer e o que cómpre evitar”, e compaixón significa “sentimento de pena ou mágoa que produce o sufrimento ou os males alleos e que leva a tratar de evitalos”.
Nos tempos que vivimos, especialmente no lado do atlántico no que me atopo (os EUA), unha ten o profundo desexo de que esas dúas palabras cheguen a dominar a esfera pública e política o máis pronto posible, de que cheguen a dominar o día a día. Pero semella que o tacto e a compaixón ou ben desapareceron ou ben mudaron de significado. Porque nesta etapa na que estamos as cousas non sempre significan o que cremos que significan senón que adquiren o significado imposto polos que o deciden nese mesmo momento. Un significado que variará segundo a emoción da persoa que as pronuncie… Pois seguindo o seu propio criterio, pode ser que os que mandan agora sintan que están facendo as cousas con tacto e compaixón?
Para min esas dúas palabras son valores fundamentais para a convivencia. Son tan necesarias!, pero tamén, é tan doado esquecelas!. Especialmente cando todo arredor de nós lévanos cara o camiño contrario… Manter unha familia unida, unha relación, ou unha amizade, require, entre outras moitas cousas, tacto e compaixón. E gobernar un país? Por desgraza, semella que non.
Hoxe quería escribir sobre dúas habilidades esenciais (e fascinantes) do ser humano. Pero hei de recoñecer que son dúas palabras ben complexas de definir, e que quizais cada un de nós teña unha versión diferente do que significan ou de como se adquiren ou practican… Segundo o dicionario da Real Academia Galega, tacto é a “habilidade para tratar persoas ou asuntos delicados de maneira axeitada, sabendo o que se debe facer e o que cómpre evitar”, e compaixón significa “sentimento de pena ou mágoa que produce o sufrimento ou os males alleos e que leva a tratar de evitalos”.
There has been a recent trend, especially among devout (or Evangelical) Christians to declare empathy and compassion “sins”. They believe that righteousness requires a singularity of purpose and that even cruelty can be justified. But the limits of this outlook are becoming clear to everyone. It turns out that tact and compassion are, in fact, necessary to successfully govern a vast and diverse country. Governing with an iron fist is a fantasy because the arm of the ruler soon grows weary, and the opposition does not tire so easily.