Novas de primavera

Ademais da súa colaboración coa Universidade de California, Santa Barbara, esta primavera Cristina participa como ponente na Semana da Producción … More

Noticias de outono

Este outono Cristina participa como ponente no III Congreso Internacional Arte e Educación organizado polo grupo de investigación Arte-Facto da Universidade da Coruña.

Novas de verán

A Editorial Galaxia publicou un relato de ficción, escrito por Cristina, no seu novo lanzamento literario, chamado O libro do fútbol.

Novas de primavera

No mes de abril, coincidindo coas celebracións do Día Mundial do Libro, Cristina e o histórico Liceo Recreo de Ourense (que tamén ten o seu oquiño en No día do seu enterro) decidiron celebrar xuntos o aniversario da publicación da primeira novela de Cristina cun acto no Salón Noble.

Noticias de outono

Este outono Cristina participará en varios congresos e seminarios, entre eles a cuarta edición de “Emprender e Innovar en la Música Clásica” na Escuela Superior de Música Reina Sofía de Madrid, as terceiras Xornadas de Gaita da Asociación de Gaiteiras Galegas e o Seminario sobre “Liderazgo y Valores” do Aspen Institute de España, en colaboración coa Fundación Carasso.

Novas de verán

Este verán Cristina presentará a súa novela en Vigo e Santiago co escritor e director xeral da Editorial Galaxia Francisco Castro, na Coruña coa escritora Inma López Silva, e Lugo. Ademáis participará en varias feiras do libro de Galicia asinando copias de No día do seu enterro (Vigo, Coruña, Pontevedra).

Recapitulando o 2021: Mirando atrás para avanzar…

Mirando atrás: Bótalle unha ollada a este video que creamos para recapitular a viaxe de Cristina no 2021, e que inclúe imaxes da iniciativa ESENCIAIS e música en directo dun concerto coa cantante Rosa Cedrón.