Recapitulando o 2021: Mirando atrás para avanzar…

Mirando atrás: Bótalle unha ollada a este video que creamos para recapitular a viaxe de Cristina no 2021, e que inclúe imaxes da iniciativa ESENCIAIS e música en directo dun concerto coa cantante Rosa Cedrón. 

ATLANTIC WATERS: Real Filharmonía de Galicia

A Real Filharmonía de Galicia presentou o seu novo disco, realizado coa discográfica Odradek Records e co apoio do Xacobeo 2021-2022. Co título Atlantic Waters, reúne obras de catro compositores galegos contemporáneos: Eduardo Soutullo, Fernando Buide, Juan Durán e Octavio Vázquez. No mesmo participaron ademais a gaiteira Cristina Pato, a soprano Raquel Lojendio e a arpista Alba Barreiro.

Novas de outono

Aínda que Cristina decidiu afastarse unha tempada dos escenarios, o 29 de agosto acompañou ao piano a Rosa Cedrón no … More

Featured Video Play Icon

ATRIUM: Voices from the KJCC

En abril de 2022, o King Juan Carlos I of Spain Center da NYU cumprirá 25 anos. Para conmemorar este fito, o centro está a producir ATRIUM: Voices from the KJCC, un proxecto de historia oral que capturará as memorias do KJCC a través dos testemuños gravados dos pasados catedráticos.

Y a mi que me cuentas - RNE 3 podcast

RNE e TVG

Escoita este marabilloso podcast (en castelán) de RNE (Radio Nacional Española). Gravado a principios deste ano, Carolina Alba fala con … More

Harvard University: Mind Brain Behavior Initiative

Cristina foi invitada pola profesora Lisa Wong a colaborar coa iniciativa interdisciplinaria da Universidade de Harvard: Mind, Brain, Behavior (Mente, cerebro e comportamento). Durante este semestre Cristina impartirá unha clase semanal en colaboración con Lisa Wong.

Premio Artista Comprometido da Fundación Carasso

A Fundación Daniel e Nina Carasso ven de anunciar os galardonados do Premio Artista Comprometido. Esta primeira edición do premio destaca o valor das prácticas artísticas significativas desenvolvidas no marco de proxectos colectivos e sociais. O premio ten como obxectivo sacar á luz compromisos artísticos destacables.