Este verán representa un fito extraordinario na carreira de Cristina, xa que marca tanto o 15º aniversario da súa carreira en solitario coma o 15º aniversario do seu primeiro concerto na súa cidade natal, Ourense, acompañando a The Chieftains na noite máxica do 23 de xuño de 1999. E qué mellor maneira de celebralo que actuando de novo na casa, case exactamente 15 anos despois: martes 24 na Praza Maior, en Ourense.
Cristina desexa aproveitar esta oportunidade para agradecer ós seus familiares, amigos e todos os colegas que lle axudaron a través destes anos nesta viaxe…
Cristina Pato en 1999, con Derek Bell, Matt Molloy e Paddy Maloney
Cristina Pato con Fasero e os Mutenrohi en Suiza en 1997, co seu representante CIBA en 1998 e o seu primeiro concerto como “Cristina Pato” na súa cidade en 1999