O 16 de novembro, Cristina únese a Yo-Yo Ma e Sandeep Das para a Cea de Gala do Centenario da Escola de Servizo Exterior da Universidade de Georgetown. A histórica celebración de tres días inclúe discursos do presidente Bill Clinton, a presidenta da Cámara de Representantes Nancy Pelosi, e da exsecretaria de Estado, Madeleine Albright, entre outros. Na gala, Yo-Yo Ma aparecerá xunto a Cristina Pato e Sandeep Das do Silkroad Ensemble para unha breve actuación musical e para falar do papel da cultura na diplomacia, e a exsecretaria Albright e o presidente Clinton ofrecerán reflexións.
É una honra para Cristina participar nun evento tan especial e actuar para convidados tan distinguidos.