Cristina asistirá á Xuntanza Anual 2016 do Foro Económico Mundial en Davos, Suiza, xunto con Yo-Yo Ma e varios compañeiros do Silk Road. As actividades inclúen un concerto (19 de xaneiro) e un obradoiro (20 de xaneiro):
O célebre músico Yo-Yo Ma reúne un conxunto de primeiro nivel de músicos dunha gama global de tradicións, entre eles varios do seu galardonado Silk Road Ensemble, para unha demostración musical na que explorarán o diálogo intercultural na música e na vida cotiá. (…)
Yo-Yo Ma estará acompañado polos irmáns guitarristas Sergio e Odair Assad de Brasil; o virtuoso executante de tabla Sandeep Das da India; o violinista de orixe rusa Johnny Gandelsman dos EE.UU.; a gaiteira Cristina Pato de España; a pianista Kathryn Stott do Reino Unido; e o intérprete de Sheng Wu Tong de China.
Noutra orde de cousas, dende o 1 de xaneiro, Cristina é membro do Comité de Artistas da organización Americans for the Arts , que inclúe artistas da talla de Robert Redford, Salman Rushdie, Martin Scorsese ou Meryl Streep, por nomear algúns.