Esta semana, Cristina unirase á Real Filharmonía de Galicia para tres actuacións, en Santiago de Compostela (2 de xuño), Vigo (3 de xuño) e unha actuación gratuita no Parque Eugenio Granell en Santiago de Compostela (4 de xuño). O programa inclúe Viúvas de Vivos e Mortos de Octavio Vazquez, a peza encargada por Cristina para o seu Gaita and Orchestra Commissioning Project, que recibiu unha bolsa de NewMusicUSA.
Os xornais La Voz de Galicia, Faro de Vigo, e La Región fixéronse eco da noticia, e Cristina aparecerá na radio e TV públicas de Galicia:
11:10 Radiovoz
12:00 Onda Cero Vigo
12:15 EsRadio
17:00 Onda Cero Ourense
11:25 Galicia por Diante, RG
12:00 A Revista, TVG
13:30 Cadena Ser
Zigzag (TVG)
Esta é a primeira vez que o proxecto de Cristina Gaita & Orchestra Commissioning Project chega a Galicia. A actuación do día 3 de xuño en Santiago de Compostela será retransmitida en directo en streaming na páxina web da Real Filharmonía →