O pasado xoves 13 de xullo, Cristina e a cantante galega de Hip Hop Wöyza uniron forzas para unha actuación moi especial na afamada adega Martin Códax, en Cambados. O repertorio foi unha viaxe sorprendente dende o folk e a World Music até o Hip Hop e o Soul, e mesmo á música experimental. Ás dúas artistas uníuselles o coro V-Go Negro Son Coro para unhas fermosas interpretacións de Hallelujah de Leonard Cohen e O Tren de Andres Do Barro.
Podes ver un vídeo da actuación aquí: