Cristina Pato foi a encargada de comezar a nova temporada do programa de entrevistas do lendario actor e humorista Manuel Manquiña, “O Gato con Botas” para a TVG. O programa, dunha hora de duración, centrouse na parte máis humana e cotiá de Cristina, pasando un día completo en Ourense coa súa familia mentres que o actor e a músico charlaban da traxectoria profesional de Cristina nos últimos 18 anos. Manquiña e Cristina visitaron os lugares favoritos da gaiteira: a Catedral de Ourense, pasearon polo casco vello, tomaron uns pinchos e un café e sobre todo, xuntáronse co pilar máis importante da vida de Cristina: Maruxa, a súa nai, a quen recollen en AFAOR (Asociación de Familiares de enfermos de Alzheimer), para charlar un pouco da vida e, de paso, lembrarnos que perder a memoria é, hoxe en día, parte das nosas vidas e que cantando as cousas lévanse mellor…
Aquí vai o enlace para ver o programa online →