enlazARTE, unha iniciativa da Fundación Barrié creada e dirixida por Cristina Pato

presentacion_enlazarte

banner_enlazarte

Inscríbete agora se non queres perder esta oportunidade!. Inscrición aberta ata o 7 de decembro

O luns 16 de novembro, Cristina presentou en rolda de prensa enlazARTE, unha nova iniciativa que creou para a Fundación Barrié, e que comparte nome coa columna de Cristina para o xornal El Correo Gallego.

En palabras de Cristina:

enlazARTE é unha nova iniciativa que organizo para a Fundación Barrié. A miña dobre vida na academia e o escenario, e a incríble inspiración do meu mentor (Yo-Yo Ma), téñenme axudado a entender que o talento e a popularidade son unha responsabilidade… e de ahí nace este proxecto chamado enlazARTE.

Unha conferencia, un foro, un concerto didáctico, unha mesa redonda, un obradoiro… todo elo centrado no poder das ARTES NA EDUCACIÓN, con especial fincapé na música.

Con esta iniciativa tento levar temas que importan non só ao público específico da materia, senon tamén á sociedade en xeral, coa idea de crear o espazo para o diálogo e para as sinerxías tan necesarias para xerar o cambio.

enlazARTE nace coa idea de unirnos a todos por un ben común: recuperar a importancia dos valores que se transmiten a través da educación musical. Enfocado a profesores de primaria e secundaria, profesores de conservatorios e escolas de música, a músicos de todos os xéneros, a interesados no campo, a aficionados, a artistas…

Nesta primeira edición, debido ás reformas educativas que tanto afectan á educación musical e á filosofía, quixen centrar esta iniciativa en crear o espazo axeitado para revalorizar o poder das artes na sociedade a través da visión de ponentes nacionais e internacionais coa idea de que músicos e docentes de Galicia tamén compartan a súa, creando así un foro de pensamento e reflexión.

enlazARTE terá lugar os vindeiros 11 e 12 de decembro, e contará coa presenza de destacados académicos coma Steve Seidel da Universidade de Harvard ou Gabriel Rusinek da Universidade Complutense, así coma artistas e músicos coma o dúo Fetén Fetén ou Anxo Pintos e Alfonso Franco de San Simón Fiddle Camp.

Inscríbete agora se non queres perder esta oportunidade!. Inscrición aberta ata o 7 de decembro. Mais información aquí →, ou descarga o dossier (pdf, castelán) →

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.