Entrevista en PRI con Yo-Yo Ma e Cristina Pato

Music of StrangersAgora podes escoitar online a entrevista que Yo-Yo Ma e Cristina deron na Public Radio International, onde falaron do traballo do Silk Road Ensemble, con ocasión da próxima estrea en cines do documental de Morgan Neville The Music of Strangers o vindeiro 10 de xuño.

Aquí está o enlace ao artigo orixinal: How Yo-Yo Ma gets a Galician bagpipe and a violin to make beautiful music together →

Ademáis, Cristina deu recentemente outras entrevistas, incluíndo unha con Steve Seidel para o podcast Harvard EdCast →, no que trataron o instituto The Arts and Passion-Driven Learning da Harvard Graduate School of Education. Tamén, para o alma mater de Cristina a Mason Gross School of the Arts de Rutgers On the (Silk) Road: Alum Cristina Pato discusses life as a member of Yo-Yo Ma’s Silk Road Ensemble →. Por último, para a revista Nuestro tiempo da Universidade de Navarra: El talento es una responsabilidad social (pdf) →

Por outra banda, Cristina participou como parte do xurado no M-PRIZE, un concurso internacional de Música de Cámara en Ann Arbor, na School of Music, Theatre & Dance da Universidade de Michigan, e o que conta coa dotación económica máis grande do mundo. O concurso foi creado por Aaron Dworkin, fundador da Sphinx Organization e Decano da devandita escola.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.