Fenway Forum e Residencia na Universidade de Harvard

Fenway Forum

Foto de Jim Davis/Globe Staff

O 4 de outubro, Yo-Yo Ma e o Silkroad Ensemble ofreceron unha actuación no Fenway Forum, un evento organizado por HUBWeek, unha semana enteira de eventos e experiencias, e dirixido polo profesor de Harvard Michael Sandel, quen ten sido descrito como “o máis importante filósofo vivo”. Entre os relatores atopábanse figuras da talla do propio Yo-Yo Ma ou Arianna Huffington, Presidenta e Editora Xefe do gañador do Pulitzer The Huffington Post.

harvard_GSE

A continuación, Cristina únese unha vez máis á Harvard Graduate School of Education en varias actividades, como parte da residencia do Silkroad na Universidade de Harvard, incluindo os eventos Harvard Arts in Allston (6 de outubro) e o Cultural Navigation Panel o 5 de outubro, no que catro membros do Silk Road Ensemble compartirán tanto os retos como as recompensas de tocar cun grupo internacional de músicos, nunha conversación con Steve Seidel, Director da Facultade de Artes en Educación na Harvard Graduate School of Eduacation, e o público.

E falando de educación, o seguinte artigo de Cristina para a súa columna enlazARTE para El Correo Gallego está xa publicado. Titulado “A Arte de Escoitar“, o artigo céntrase na importancia de que as institucións escoiten e apoien as necesidades do profesorado. Aquí está o enlace →

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.