Cristina Pato continúa a presentación da súa segunda novela, unha obra que propón unha reflexión precisa e contemporánea sobre a vida moderna e as súas tensións: a relación entre o público e o privado, entre a ambición profesional e a soidade persoal, entre a creación e o esquecemento. O percorrido inclúe encontros na Casa de Rosalía de Castro con Anxo Angueira, na Asociación de Bugallido con Guadi Galego, no Espazo Isaura Gómez con Inma López Silva, e no Liceo de Ourense con José Luís Troitiña.
Inmersa xa na investigación da súa terceira novela, Cristina compaxina esta actividade literaria coa súa labor docente interdisciplinaria, colaborando coa Universidade de California en Santa Barbara e coa Mind, Brain and Behavior Initiative da Universidade de Harvard