O pregón de Cristina para as Festas do Corpus 2018 foi recibido con grande éxito polos medios e polo público, sendo portada dos tres principais xornais galegos. O seu discurso falou sobre o declive demográfico de Galicia e pretendeu axitar as conciencias sobre a situación da terceira idade. O patrimonio histórico de Ourense tamén apareceu nas súas palabras, asi como a necesidade de defender “a nosa identidade cultural” todos xuntos.
Cristina tamén se uniu ao aclamado cantautor Andrés Suárez nunha interpretación cargada de forza de Negra Sombra, unha das cancións galegas máis populares de todos os tempos.
Podes ler o pregón íntegro aquí →