Tras unha semana promocionando o seu último album Rústica na súa Galicia natal, Cristina retorna a Nova York para protagonizar un fito histórico para a gaita galega: por primeira vez, a gaita soará xunto a New York Philharmonic, nunha serie de actuacións co Silk Road Ensemble con Yo-Yo Ma.
O programa inclúe Fanfare for Gaita, Suona, and Brass de Cristina e Wu Tong, así como Rose of the Winds de Osvaldo Golijov, peza orixinalmente encargada pola Chicago Symphony Orchestra quen a estreou co Silk Road Ensemble en 2007. En palabras de Golijov:
Rose of the Winds is born from spontaneous and ritualized communal actions. Prayer, celebration, mourning, riot, and remembrance are the lifeblood of the piece.(…) The movement features Cristina Pato’s Galician bagpipes and the percussion of both ensembles, in rhythmic patterns that remind me of the street demonstrations, with drums, pots and pans, of my Argentine childhood.
Podes ver na sección Axenda de esta web o calendario de actuacións, ainda que todas as entradas están xa vendidas!