A xira estadounidense do Silk Road que levou o ensemble aos escenarios de varias cidades da Costa Oeste dos EEUU foi un gran éxito. Coas entradas esgotadas en todas as actuacións, os concertos recibiron excelentes críticas. O repertorio incluía The Latina 6/8 Suite, a obra encargada por Cristina para o seu album Latina, así como a peza Vojo, de Cristina e Kojiro Umezaki. Isto é o que algunhas das críticas dixeron:
Silk Road Ensemble Thrills Granada – The Daily Nexus →
Then she burst into a song, filling the theatre with the high-pitched screams of her bagpipe as she swayed her hips and danced around the stage
One of the most all-embracing pieces was “The Latina 6/8 Suite,” a commissioned work based on an idea from Pato, who introduced it from the stage Saturday. The piece uses different dance idioms with a 6/8 meter in common.(…)Pato’s hearty sense of building excitement into her solos, her brightly flowering melodies and acute rhythmic knack added up to a reliable source of pleasure in Silk Road’s presentation.
En paralelo ás actuacións parte da xira, Cristina, no seu papel de Asesora Educativa do Ensemble, participou xunto con Shane Shanahan e baixo a batuta de Lori Taylor en varias actividades educativas na Universidade de California en Santa Barbara, incluindo clases e obradoiros sobre a diversidade de tradicións culturais do Silk Road, en colaboración co Departamento de Música e a Escola de Estudos Creativos da UCSB.
Tamén colaboraron coa Universidade de Stanford, onde levaron a cabo un programa asistencial con 600 estudantes de educación primaria.