Grande Éxito de Cristina Pato e a Real Filharmonía de Galicia

As actuacións de Cristina coa Real Filharmonía de Galicia foron un éxito rotundo, cun público que encheu tanto o Auditorio de Galicia coma o Teatro Afundación e que ovacionou a actuación durante varios minutos. A prensa volcouse en tan histórico evento, incluíndo retransmisións en directo nos informativos. Aquí van algunas imaxes da actuación no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela:

Cristina Pato & Real Filharmonía de Galicia

O sábado día 4, Cristina e a Real Filharmonía levaron a súa música a un marco máis orientado ás familias, o Parque Eugenio Granell en Santiago de Compostela, onde tanto os máis novos coma os maiores desfrutaron da actuación:

Cristina Pato & Real Filharmonía de Galicia

A continuación, Cristina estará actuando coa Hartford Symphony Orchestra do 9 ao 12 de xuño, tocando Rose of the Winds de Osvaldo Golijov con Kayhan Kalhor, David Krakauer e Michael Ward-Bergeman.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.