O cineasta gañador dun Oscar Morgan Neville e o seu equipo visitarán Galicia para filmar a Cristina Pato na súa terra natal para o próximo The Sound of Silk, o documental que o director está preparando sobre o Silk Road Esemble con Yo-Yo Ma.
En palabras do propio Neville “The Sound of Silk servirá de lente para cuestións máis amplas sobre a identidade cultural nunha sociedade global, e o potencial das persoas para actuar como catalizadores do cambio. Ao igual que a propia antiga Ruta da Seda, The Sound of Silk fará o estranxeiro familiar, desafiando ao mesmo tempo nocións arraigadas de identidade e o noso lugar no mundo.”.
Neville e Cristina estarán rodando entre o 14 e o 18 de agosto en Ourense, Armariz, A Coruña e Santiago de Compostela. A estrea de The Sound of Silk está prevista para 2015.