Música

Música, escritora, educadora e produtora, Cristina Pato foi aclamada como “unha virtuosa explosión de enerxía” por The New York Times. Despois de 25 anos de experiencia coma música profesional, percorrendo o mundo coa gaita galega e o piano, Cristina agora canaliza a súa creatividade a través da escrita, a produción e a docencia, centrándose no papel das artes na sociedade.  Bio completa


Durante a súa carreira profesional como música, Cristina Pato publicou seis discos como gaiteira solista e dous como pianista. Ademais colaborou en varias gravacións como artista invitada, incluíndo os gañadores do premio Grammy “Yo-Yo Ma and Friends: Songs of Joy and Peace” (SONY BMG 2008) e “Sing me Home: Yo-Yo Ma & Silk Road Ensemble” (SONY Masterworks, 2016). Tamén contribuíu ao álbum de jazz e tributo a Miles Davis “Miles Español: New Sketches of Spain” (Entertainment One Music, 2011), e participou no documental “The Music of Strangers: Yo-Yo Ma & The Silk Road Ensemble” (HBO, 2015), dirixido por Morgan Neville.

Desde 1999, os seus intereses musicais e culturais levárona colaborar con artistas do mundo da world music, do jazz, da música clásica e experimental, e da danza, incluíndo o seu mentor Yo-Yo Ma, Osvaldo Golijov, a Orquestra Sinfónica de Chicago, a Filarmónica de Nova York, Arturo O’Farrill e os bailaríns Damian Woetzel e Lil’ Buck. O seu poderoso estilo, único e inconfundible, foi aclamado en numerosas ocasións por The New York Times e eloxiado por The Wall Street Journal e Downbeat Magazine.

Na súa prolífica carreira como intérprete levou adiante o Cristina Pato Quartet (EUA), o Trío Galego (Europa), o dúo SOAS con Rosa Cedrón e o proxecto Invisible(s) con Mazz Swift. Ademais de encargar unha ducia de obras para gaita galega e diferentes formacións, incluíndo o concerto para gaita e orquestra “Viúvas de vivos e mortos” do compositor Octavio Vázquez, gravado pola Real Filharmonía de Galicia no 2018 (Odradek Records, 2021).

Cristina colaborou co Silkroad Project, a organización fundada polo violonchelista Yo-Yo Ma, desde o ano 2006. Co Silkroad Ensemble (2006-2020) participou en xiras por China, Corea do Sur, Australia, Emiratos Árabes, Nova Zelandia, Europa e os EUA, actuando en escenarios tan icónicos coma o Carnegie Hall, o Hollywood Bowl ou o Gran Teatro Nacional de China. Con Silkroad traballou tamén como Asesora de Educación (2014-2019) colaborando na planificación de residencias e actividades educativas, entre elas a colaboración multianual coa Universidade de Harvard, participando ademais coma profesora no “The Arts and Passion-Driven Learning Summer Institute” para artistas e educadores, deseñado en colaboración coa Escola de Educación de Harvard.

Invisible(s)

Invisibles(s)Invisible(s) foi un proxecto de Cristina Pato en colaboración coa violinista e compositora Mazz Swift para a tempada 2019-2020. Invisible(s) presentaba unha apaixonante combinación de historias e música, con composicións de Cristina e Mazz amais de catro novas pezas de Michi Wiancko, Alisa Rose, Dana Lyn e Octavio Vázquez, encargadas por Cristina específicamente para este proxecto.

Cristina Pato QUARTET (EE.UU.)

O Cristina Pato Quartet foi unha mestura única de jazz, latin-jazz e world music cos músicos, compositores e arranxistas baseados en Nova York Edward Perez (baixo), Julien Labro/Victor Prieto (acordeón) e Mauricio Zottarelli/Juan Felipe Mayorga (batería).

Cristina Pato Trío Galego


O Cristina Pato Trío Galego explorou as conexións entre a música galega, o jazz e a música contemporánea a través da experiencia dos versátiles músicos e arranxistas galegos Roberto Comesaña (acordeón) e Miguel Cabana (percusión). Un fascinante formato que celebrou a diversidade da música galega do século XXI.

Silkroad

Yo-Yo Ma concibiu Silkroad en 1998 como un recordatorio de que, aínda que a rápida globalización resultou en división, trouxo tamén posibilidades extraordinarias para traballar xuntos. Reuniu a músicos das terras da Ruta da Seda para co-crear unha nova linguaxe artística, unha linguaxe musical fundada na diferenza, unha metáfora dos beneficios dun mundo máis conectado.

Cristina colaborou con Silkroad como artista, profesora, compositora e Asesora de Educación, de 2006 a 2020.

Solo


Cristina ten encargado unha ducia de obras para gaita galega e diferentes formacións, incluíndo o concerto para gaita e orquestra “Viúvas de vivos e mortos” do compositor Octavio Vázquez, gravado pola Real Filharmonía de Galicia no 2018 (Odradek Records, 2021).

Produtora independente

Como productora independiente, Cristina está especializada en eventos y proyectos centrados en la intersección entre arte y sociedad, incluyendo la iniciativa ESENCIAIS 20/50 (en colaboración con Xaime Fandiño y CUNDE), el Festival Galician Connection, o dos días de cultura en acción para el proyecto global The Bach Project de Yo-Yo Ma.