Photo Credit: ©Crieghton: Courtesy of NYU Photo Bureau
Aínda que a meirande parte da tempada de concertos foi cancelada ou adiada pola pandemia, Cristina continua coa súa vida académica online, impartindo a súa clase para a NYU “Invisible Music of Northern Spain” e colaborando coma profesora invitada na Universidade de Harvard, na clase do profesor James P. Honan (departamento de educación) e a de Michael Uy (departamento de música).
A posición de Cristina na Cátedra de Cultura e Civilización Española da Universidade de Nova York (King Juan Carlos Chair, NYU) comezou no outono do 2019, e ademáis de impartir aulas, durante este ano académico Cristina deseñou e liderou cinco eventos públicos inspirados na idea da “invisibilidade” como fío conector das disciplinas coas que ten traballado durante os últimos anos, e como fío condutor de conversas arredor do rol das artes na memoria cultural, na diversidade e na migración.
A foto de enriba é do derradeiro evento público na NYU (5 de marzo), cando Cristina invitou ao seu mentor e amigo Yo-Yo Ma para unha conversa sobre cultura e responsabilidade social…
Velaiquí tendes o programa completo das actividades como catedrática na NYU. Bótadelle unha ollada.