Novas de outono

Aínda que Cristina decidiu afastarse unha tempada dos escenarios, o 29 de agosto acompañou ao piano a Rosa Cedrón no histórico Parador de Santo Estevo de Ribas de Sil. Invitadas pola directora do festival Música en el Sil, Enriqueta Somarriba, Rosa e Cristina fixeron un repaso a SOAS, e aos seus dez anos de música e amizade.

En setembro visitou París da man da Fundación Carasso, e participou xunto con Julio Jara, Santiago Cirugeda, Neil Beloufa e Patrick Bouchain (Premios Artista Comprometido) no Le Grand Voyage: un macro evento de acción social celebrado durante as Xornadas Europeas de Patrimonio, e no que Cristina tivo a sorte de traballar cos músicos de Burkina Faso e Costa de Marfil da Association Koulé-Kan France, un colectivo que abraza o intercambio cultural para promover a solidariedade internacional. 

Inmersa na docencia e na escrita, durante este outono Cristina ofrecerá unha aula coma invitada na Universidade de Harvard e continuará o seu traballo para a Universidade de California, Santa Barbara. Ademáis continua co seu traballo de produción artística e social para outras institucións, colaborando coa Fundación Carasso e o Bach Project de Yo-Yo Ma. 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.