Durante este mes de maio, Cristina embarcouse na produción do Día de Acción de Yo-Yo Ma en Barcelona. Conectado coa actuación de Ma no Palau de la Música Catalana, como parte do seu Proxecto Bach, Cristina Pato e Joan Anton Cararach estiveron traballando xuntos para desenvolver un programa con socios locais para dar forma a un día de actuación pública, conversación e acción centrada no papel da cultura na sociedade. (O papel de Cristina non é como intérprete, senon como produtora principal). Máis información aquí.
Ademáis de Barcelona, Cristina foi invitada a presentar a nova tempada do Carolina Performing Arts, na Universidade de Carolina, Chapel Hill, a onde regresará en xaneiro de 2020 co seu novo proxecto INVISIBLE(s) xunto á violinista e compositora Mazz Swift.
Como parte do seu rol como Asesora de Educación de Silkroad, Cristina visitou a comunidade Cheyenne do Norte en Lame Deer, Montana, nun espectáculo benéfico que celebraba as artes xuvenís nativas americanas. Unha colección de arte, teas estampadas, cerámica, escultura, cortes de bloques de linóleo, música e metalurxia dos estudantes do Instituto de Lame Deer xunto aos artistas da Stapleton Gallery.