Novas de primavera

No mes de abril, coincidindo coas celebracións do Día Mundial do Libro, Cristina e o histórico Liceo Recreo de Ourense (que tamén ten o seu oquiño en No día do seu enterro) decidiron celebrar xuntos o aniversario da publicación da primeira novela de Cristina cun acto no Salón Noble, no que Cristina estivo acompañada de Jose Luis Troitiña, xerente do Liceo.

No día do seu enterro, publicada por Galaxia Editorial en abril de 2022, atópase xa na terceira reimpresión e ten sido moi ben recibida tanto polos lectores coma pola crítica:

“Unha peza literaria con forma de sonata, ton intimista e doce musicalidade”

–María Doallo, La Voz de Galicia

“Unha novela que fala da loita por sobrevivir, de valores humanos e de mulleres activas, escrita nun discurso áxil, ben artellado, e con trazos de lirismo.”

–Camiño Noia, Revista Tempos Novos, Tempos Dixital

“Unha novela orixinal que ten un aquel moroso do “noveau roman”, e que lembra cousas do primeiro Méndez Ferrín,”

–Vicente Araguas, La Revista, La Región

“De fondo están a emigración ou a vida dos barrios. Xente humilde cuns valores e xeito de vida que non idealiza e que tenden a contrastar cos das clases socias más acomodadas”

–Montse González, Sermos Galiza, Nós Diario

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.