Novas de Primavera

En maio, Cristina uniuse ao Profesor Steve Seidel e á Profesora Maggie Cavallo na Universidade de Harvard para o “The Four Publics Project” do Radcliffe Institute: un seminario que explora as artes sociais, cívicas, públicas e participativas. Cristina síntese honrada de formar parte dun grupo tan asombroso de artistas, educadores e cultivadores da arte cívica e social.

Cristina continúa o seu trabajo como Asesora de Educación para Silkroad en Harvard e visitará Cambridge unhas cantas veces máis este mes.

E en xuño, a tempada de verán comeza con concertos en Pittsburgh co seu US Quartet, Lanzarote co seu Galician Trio e concertos, clases maxistrais e compromisos como oradora pública en España e nos EE.UU. para o verán… Permanecede atentos para máis información sobre o seu calendario de verán!

Namentres, bota unha ollada ao que a prensa ten dito sobre a recente xira do Silkroad Ensemble con Yo-Yo Ma:

O violonchelista Yo Yo Ma é un dos nomes máis importantes do mundo da música clásica. Foi a súa fama a que provocou grandes ovacións segundo saía ao escenario de Van Wezel a noite do xoves, o último de once músicos no The Silkroad Ensemble. Sen embargo, a excepción dunha interpretación de “Louange à ľÉternité de Jésus” de Quatuor pour la Fin du Temps de Olivier Messiaen coa pianista Cristina Pato, Ma non foi a estrela deste espectáculo. (…)

Pato, que xa se distinguira como unha deusa da gaita galega, compuxo e narrou My Lethe Story. Pintando imaxes desgarradoras, teceu poesía musical a través da historia do río do esquecemento da súa propia nai. Foi simplemente máxico. – The Herald Tribune

Harvard Radcliffe Institute
Harvard Radcliffe Institute
Cristina Pato Quartet Concert in Pittsburgh

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.