Tralo evento do Turnaround Arts na Casa Branca, Cristina colaborou esta vez no proxecto educativo de Midori & friends CityMusic. No mesmo evento coincidiu co tamén artista invitado e embaixador no Festival organizado e dirixido por Cristina Galician Connection, Mr. Paquito d’Rivera… e resulta que era o seu cumpreanos, así que o pasaron tan ben coma sempre, que con Paquito, é pasalo realmente ben. Basta con ver as fotos…
Por otra banda, Cristina estivo tan ocupada coma sempre, participando no Culminating Event 2014 do Silk Road Connect, o programa educativo do Silk Road; reuníndose con Camille Zamora para preparar o seu proxecto conxunto “Sueños de España”, ademais de ultimar os detalles da xira de verán que a vai levar a Galicia, Italia, a Universidade de Harvard ou o Festival Internacional de Danza de Vail, entre outros escenarios.
Esperamos ansiosos esta tempada de verán, que promete ser moi emocionante para Cristina. Manterémosvos informados.