Premio Artista Comprometido da Fundación Carasso

Fundación Daniel e Nina Carasso ven de anunciar os galardonados do Premio Artista Comprometido. Esta primeira edición do premio destaca o valor das prácticas artísticas significativas desenvolvidas no marco de proxectos colectivos e sociais. O premio ten como obxectivo sacar á luz compromisos artísticos destacables.

Tres españois e dous franceses foron seleccionados por un xurado internacional: Cristina PatoSantiago CirugedaJulio JaraNeïl Beloufa e Patrick Bouchain

O galardón recoñece o compromiso permanente de Cristina co intercambio cultural e a educación, incluídas as súas iniciativas interdisciplinares. Desde o seu traballo coa UCSB (Memory: An Interdisciplinary Exploration), o Silkroad Project e Yo-Yo Ma, ata o seu traballo como titular da Cátedra de Cultura e Civilización Española na Universidade de Nova York en 2019-2020, onde deseñou unha ampla programación sobre sostibilidade cultural e responsabilidade social, centrada na memoria cultural e na diversidade a través das artes.

Cristina síntese honrada de estar entre os primeiros galardonados deste premio. Descarga aquí o dossier

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.